Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denis xa está en Barcelona, e o Celta acelera pola fichaxe que pide Carvalhal

Denis xa está en Barcelona, e o Celta acelera pola fichaxe que pide Carvalhal

O Español pagará 200.000 euros e unha prima de 600.000 se se mantén en Primeira, confirmou Víctor López en Ao contraataque da Radio Galega

G24.gal 30/01/2023 07:27

As últimas horas de mercado prometen ser intensas para o Celta. Había unha premisa que se negociou ao longo de toda a semana pasada e que xa se fixo realidade á espera do pertinente recoñecemento médico. Denis Suárez deixará o club vigués, algo que ao comezo da temporada non quería a directiva, e liberará unha masa salarial que permitirá facer un esforzo económico polo xogador que reclamou Carvalhal. 

O Español pagará 200.000 euros ao Celta pola cesión de Denis e 600.000 máis no caso de que o equipo se manteña en Primeira División, informou Víctor López no programa Ao contraataque da Radio Galega. O de Salceda de Caselas tiña a ficha máis alta dos xogadores do Celta e iso permite que o club poida ir ao mercado e traer ese perfil que demandaba Carvalhal. Un xogador chegará seguro, "un e medio", segundo Víctor López. Haberá que estar atentos porque quedan menos de dous días para o peche do mercado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade