Publicador de contidos
Publicador de contidos

Demoledora a maquinaria ofensiva do Real Madrid contra o Obradoiro

Demoledora a maquinaria ofensiva do Real Madrid contra o Obradoiro

O equipo branco sentenciou no primeiro tempo (42-25)

Na segunda metade os dous equipos esquecéronse das defensas

G24.gal 02/10/2022 14:24

O Real Madrid impuxo o seu demoledor ataque ante o Obradoiro (93-79). Encamiñou o partido nos primeiros cinco minutos e dedicouse a conservar a vantaxe no segundo tempo. 

Con Poirier mandando na pintura, os brancos fóronse cedo no marcador (16-6). Ao remate do primeiro cuarto a diferenza era contundente (+15 cun 27-12). Malia unha reacción obradoirista (29-18), o Real Madrid non tivo contemplacións e ao descanso conseguiu unha máxima de dezasete tantos (42-25).

No terceiro cuarto, os de Mateo fóronse vinte arriba (57-37) e baixaron o ritmo defensivo. Aproveitouno o Obradoiro para acadar unha boa secuencia de anotación pero sen inquedar o triunfo local. Chegou a recuperarse e poñerse a once puntos (66-55), mais o Real Madrid nunca deixou que se baixase dos dez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos