Publicador de contidos

Deixan en liberdade o último detido polo crime de Samuel

Deixan en liberdade o último detido polo crime de Samuel

A Audiencia Provincial entende que non existen motivos para manter a prisión provisional

Imaxe do detido no momento de pasar a disposición xudicial. Foto: EFE/Cabalar
G24.gal 02/11/2021 15:30

A Audiencia Provincial da Coruña decidiu deixar en liberdade o último detido polo crime de Samuel Luiz, estimando o recurso de apelación presentado pola defensa, ao entender que non existen motivos neste momento para manter a prisión provisional, informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O tribunal adoptou esta decisión tras a deliberación mantida este martes despois da celebración da vista sobre a petición de liberdade solicitada.

A Audiencia impúxolle ao arrestado, que segue como investigado na causa, a obriga de comparecer cada semana e cantas veces fose chamado no xulgado que tramita a causa. Ao mesmo tempo ten prohibido abandonar o territorio español.

Por iso, acordou a retención do seu pasaporte ou, no caso de que non dispoña dese documento, a prohibición de que se lle expida.

A sección primeira da Audiencia Provincial adiantou este martes o fallo ás partes, o que supón a inmediata posta en liberdade do investigado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade