Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deficiencias no tramo galego da autovía do Cantábrico

Deficiencias no tramo galego da autovía do Cantábrico

Fendas e recheos de fochancas acompañan a os condutores en boa parte do traxecto

O Ministerio de Transportes incluíuna no plan de choque nacional de mantemento de estradas

G24.gal 07/08/2023 14:20

Un dos tramos en peor estado da autovía A-8 é precisamente o do seu inicio en Baamonde. Nese enlace coa autovía a Madrid nótase máis a falta de mantemento dos últimos anos.

Fendas e recheos acompañan os condutores durante un par de quilómetros. Isto repítese nalgún outro punto concreto aínda que de xeito menos apreciable ata Vilalba.

Entre Abadín e Mondoñedo o firme aguanta mellor, mentres que de novo os problemas na vía se fan máis visibles na Mariña ao seu paso polos concellos de Foz, Barreiros e Burela.

A autovía do Cantábrico é unha das moitas onde o Ministerio de Transportes investirá arredor de 300 millóns de euros, nun plan de choque contra a deterioración de varias estradas.

Serán tanto estradas convencionais como autovías e autoestradas e as actuacións incluirán dende o fresado, a reposición, a reparación de brandóns e fochancas, reciclado e selado, así como tamén o repintado de marcas viarias e a impermeabilización de estruturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade