Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un perito forense declara que a morte de Déborah foi un homicidio

Un perito forense declara que a morte de Déborah foi un homicidio

Foi duramente cuestionado pola fiscalía ante a sorpresa do avogado da familia

G24.gal 08/06/2023 14:39

Preto de dúas horas e vinte prestou declaración telemática no xulgado número dous de Tui, na investigación do caso Déborah, o perito forense Aitor Curiel.

O recoñecido perito refrendou o seu informe en que acredita que a morte de Déborah foi homicida por unha asfixia, e que non estamos diante dunha morte accidental.

O avogado da familia, Ramón Pérez Amoedo, salientou os esforzos do fiscal para rebater as conclusións deste perito forense de recoñecido prestixio; mesmo poñendo en dúbida as conclusións e amosando o seu enfado.

Tamén criticou o pouco interese da fiscalía en avanzar na investigación.

Non quixo facer declaracións, Manuel Cisneros, avogado do exmozo de Déborah, que non quixo explicar porque se negaba a esta declaración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade