Decembro tamén será un mes complicado polas infeccións respiratorias
Os pacientes máis novos, desde os 0 meses ata os 19 anos, son os máis afectados por esta explosión adiantada de infeccións respiratorias
A incidencia neste grupo de idade está disparada, é de 222 casos por cada cen mil habitantes
Ás portas dos centros de saúde o goteo de pacientes pediátricos é continuo. A maioría cos mesmos síntomas.
Estamos en plena explosión de infeccións respiratorias, e a incidencia máis alta está nos pacientes máis novos, entre os cero meses e os 19 anos.
"Ía moi ben, pero agora ten un cadro máis agudo, ten broncolite", conta unha nai.
É a infección que máis se repite. E algúns pacientes mesmo encadean un proceso con outro. E a situación non vai cambiar nas próximas semanas, que se prevén tamén complicadas.
"Estabamos illados no relativo ao aparello respiratorio por todo o problema da covid-19 e iso fai que o noso sistema inmune estea un pouco desacostumado a actuar fronte a outros virus", explica a doutora Teresa Castro.
Falta inmunidade natural fronte a estes virus, de aí a importancia de vacinarse este ano contra a gripe e protexer os máis pequenos.
"Aos máis pequenos todo o mundo os quere ver toca e bicar, e claro...", di un pai.
Tamen axuda volver pór en práctica as medidas hixiénico-sanitarias que aprendemos coa covid-19.