Publicador de contidos

Publicador de contidos

De presidente do Karpaty a combatente en Ucraína: "Aquí é imposible pensar no fútbol"

De presidente do Karpaty a combatente en Ucraína: "Aquí é imposible pensar no fútbol"

Oleg Smaliychuk trouxo a Galicia a xogadores como Kravets e Lebedenko

Agora colleu un fusil e está na fronte da guerra contra Rusia

Oleg Smaliychuk, abaixo cun balón, co seu grupo de militares na fronte da guerra en Ucraína
G24.gal 26/05/2022 15:50

Oleg Smaliychuk é un home de fútbol en Ucraína con moita relación con Galicia. É o presidente do Karpaty de Lviv, o equipo que adestrou o galego Fabri González. E el xestionou as fichaxes de Orest Lebedenko e Vasyl Kravest para o C. D. Lugo. Hoxe falaron con el na Zona mixta da Radio Galega sen que queira revelar en que lugar está porque agora é un soldado na fronte da guerra. 

"Acostúmaste a estar na fronte, hai moitos coma min que senten a bandeira no corazón. A primeira semana había ringleiras para apuntarse nos centros de alistamento"

Agora, Smaliychuk cambiou o balón por unha arma. Os ataques alcanzaron Lviv e unha das bombas caeu a menos dun quilómetro da sede do Karpaty.

"Hai moitos xogadores que se apuntaron a militares ou a voluntarios para axudar á poboación civil. Convertemos as oficinas do club nun albergue para desprazados e toda a xente traballa para atender os necesitados"

Smaliychuk, xunto coa sua esposa Olena, que se trasladou a España, xestiona tamén unha ONG para conseguir axuda para Ucraína: https://futuro.com.ua/

"Ningún club ten actividade. Cos bombardeos é imposible pensar no fútbol. Estamos seguros de que imos conseguir a vitoria. O que non quero é que dentro de dez anos lles toque outra guerra aos meus fillos ou aos meus netos"

Oleg Smaliychuk, alistado como soldado nun lugar indeterminado de Ucraína Oleg Smaliychuk, alistado como soldado nun lugar indeterminado de Ucraína
Publicidade
Publicidade
Publicidade