Publicador de contidos

Publicador de contidos

De Portonovo a Manchester: a mellor florista de España, Patricia Aguín, adéstrase para o mundial 

De Portonovo a Manchester: a mellor florista de España, Patricia Aguín, adéstrase para o mundial 

O título conseguiuno en setembro pasado

Esta temporada os arranxos florais veñen moi naturais, con flores frescas que parecen silvestres e pouco verde 

Patricia Aguín realizando un dos seus arranxos florais na súa florería de Portonovo
G24.gal 30/03/2023 21:37 Última actualización 30/03/2023 22:16

Esta é a florería familiar da mellor artesá florista de España, unha enxeñeira forestal que se criou entre as flores dos invernadoiros da súa nai. O título implica a responsabilidade de presentarse ao mundial, en setembro, na cidade británica de Manchester.

"O tema é a sostibilidade, os bosques, o mar, as nubes, e apetéceme levar algo de Galicia, a ver. Levo desde principios de ano preparándome, teño un equipo de profesionais de toda España", cóntanos Patricia Aguín Carballa, a mellor artesá florista de España no certame de Interflora.

O mundo das flores, cóntanos, non queda fóra das modas. E desvélanos o que se leva este ano.

"Cada vez lévanse máis os arranxos moi naturais, no noso caso usamos moito verde, intentamos encontrar flores que sexan máis silvestres, con movemento, respectando a moda, nós temos as nosas preferencias, o garden style, desde típicos xarróns ingleses que se ven preciosos, é o que a nós nos gusta".

Asegura que a clientela cada vez é máis esixente e valora máis a flor que antes.

Nos días previos a Ramos, as palmas son o que máis lles esixe. Prepáranas artesanalmente con todas as innovacións.

"Veñen de cores e engádenlles adhesivos e cousas para que a eles lles faga graza", ri Patricia.

Alexandra, unha pequena clienta, escolle unha de cor rosa que leva de todo: "Pompas, lapis e unha xoaniña". Pero a Alexandra o que realmente a entusiasman son as flores, todas, asegura. Quizais sexa unha futura florista de Portonovo que siga os pasos de Patricia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar