Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Rubín expón os seus cómics na Coruña ata finais de xaneiro

David Rubín expón os seus cómics na Coruña ata finais de xaneiro

Traballa para as norteamericanas DC ou Marvel

G24.gal 03/11/2021 21:35

Iniciouse como apaixonado lector de cómics e hoxe en día é un dos autores de máis renome. Coñecidos son os seus traballos coas editoriais norteamericanas DC ou Marvel.

A mostra amosa máis de 200 obras. Un percorrido de 15 anos por toda a traxectoria profesional que permite achegarse ao proceso creativo de David Rubín.

No cómic non renuncia ao que máis lle interesa comunicar: as súas propias preocupacións. É unha exposición ampliada da que xa se puido ver en Ourense, cidade natal do ilustrador. Incorpora novas pezas e sistema de realidade aumentada con contido extra a través do móbil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade