David Rabadán incorpórase ao Ourense C. F.
O madrileño engade profundidade ao mediocampo ourensán
Na última temporada co Unionistas participou en 10 goles

O Ourense anunciou a incorporación do mediocentro madrileño de 25 anos, David Rabadán procedente do Unionistas. Con ese conxunto anotou 7 goles e repartiu 3 asistencias durante a última temporada. Os salmantinos ficharon a Rabadán do filial do Osasuna, onde xogara os 3 anos anteriores.
Rabadán formouse nas categorías inferiores do Albacete e tivo un breve paso no fútbol estadounidense cedido polo conxunto manchego. O madrileño, ademais do seu paso polas inferiores do Albacete, tamén xogou nas categorías inferiores do Atlético de Madrid.
Rabadán ven para apuntalar o mediocampo do Ourense, despois de ser titular os últimos anos no Osasuna Promesas e no Unionistas, pese a que na súa segunda temporada cos navarros sufriu unha rotura de cruzado.