Croacia, subcampioa do mundo, non pode con Marrocos (0-0)
Marrocos segue maldito, nunca puido debutar con vitoria nun Mundial

Croacia e Marrocos empataron sen goles no seu primeiro encontro de Qatar 2022 incapaces de aproveitar as escasas ocasións que tivo o encontro. Non houbo oportunidades ata o tramo final da primeira parte, cando Bono, o meta marroquí, xogador do Sevilla, desbaratou unha oportunidade de Nikola Vladic no último minuto. Despois, Luka Modric puido abrir o marcado cun disparo desde a media lúa que rozou o traveseiro.
Na segunda metade, Marrocos tivo as máis claras nun cabezazo do central do Bayern Múnic Noussair Mazraoui e un golpe franco executado por Achraf Hakimi que desbaratou o porteiro croata.
A subcampioa do mundo non puido cos Leóns do Atlas. Marrocos segue maldito, nunca puido debutar con vitoria nun Mundial.