Publicador de contidos

Publicador de contidos

Críticas á número dous de Igualdade por chancear sobre rebaixas de penas a violadores

Críticas á número dous de Igualdade por chancear sobre rebaixas de penas a violadores

Os populares piden o seu cesamento e os socialistas, unha rectificación

Ángela Rodríguez asegura que as súas palabras foron manipuladas

G24.gal 12/01/2023 14:54

Nun foro organizado por Podemos, a número dous do Ministerio de Igualdade, Ángela Rodríguez, preguntábase "que está pasando cos violadores á rúa, que é o que nos bota en cara agora mesmo a extrema dereita", para, deseguido, facer unha broma: "Dos creadores de as persoas van ir ao rexistro cambiar de sexo todas as mañás, chega os violadores á rúa".

De inmediato, o presidente do PP pedía o cesamento da secretaria de Estado de Igualdade, por facer chistes sobre a rebaixa de condenas a agresores sexuais. Para a voceira do PP no Parlamento Europeo, Dolors Montserrat, "permiten que membros do Goberno rían na cara das vítimas e Sánchez non fai nada, aquí non dimite ninguén".

Críticas tamén do PSOE, que pide unha rectificación. Varias ministras socialistas censuraron as palabras de Rodríguez, empezando pola voceira do executivo. Isabel Rodríguez cre que "é un tema no que non convén frivolizar e entendo que son declaracións moi desafortunadas".

Tamén a de Industria, Reyes Maroto considera que "non se pode ironizar" e que "o ton non era o dunha secretaria de Estado".

Para Pilar Llop, ministra de Xustiza, "é algo moi serio sobre o que, de ningunha maneira se pode frivolizar".

Ante a polémica, a protagonista respondeu este xoves nas súas redes sociais. Nun vídeo, Ángela Rodríguez asegura que "lamentablemente, as feministas estamos acostumadas a que moito do noso traballo queda reducido a boatos, noticias falsas e manipulacións que ridiculizan e terxiversan as políticas de igualdade".

Dende que se aplica a nova lei, máis de 140 condenados por delitos sexuais viron rebaixadas as súas penas.

O presidente da Xunta cre que estas rebaixas de penas poden causar de todo menos risa. Alfonso Rueda di que Ángela Rodríguez debería ser cesada por esas palabras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade