Cristóbal non descarta a chegada dun central ao Rácing
O adestrador prepara o encontro ante o Alcorcón pensando en seguir invicto
Nestas últimas horas podría chegar algún reforzo no central ou no extremo
Falou Cristobal na previa dun Rácing que se enfrontará fronte o Alcorcón buscando manter o invicto e seguir coa serie positiva.
En Ferrol a euforia está desatada, mais o adestrador busca rebaixar os ánimos e pór os pés na terra.
"Non lle damos moita importancia aos 7 puntos, o importante é estar onde queremos ao final da tempada"
O club busca a chegada de algunha fichaxe de última hora, especialmente dun central, mais tampouco se descarta a busca dun extremo.
"Non virá un xogador calquera, que non nos convenza e non poida sumar".
O adestrador tamén fixo énfase en que o Alcorcón é un rival moi duro que vén de gañar fóra da casa ante todo un Valladolid e en que os ferroláns van sufrir por culpa da lesión de Chuca, moi importante para el despois do seu gran rendemento neste inicio.
Cristóbal resaltou a identidade deste equipo e a súa forma de competir en todo momento e sen importar o rival.