Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cristóbal escapa das confianzas na visita á Malata do Talavera, o pechacancelas

Cristóbal escapa das confianzas na visita á Malata do Talavera, o pechacancelas

O Talavera aínda non puntou e o Rácing é o líder invicto

O partido será televisado pola G2 e G24 o sábado ás 19:00 horas

G24.gal 07/10/2022 13:59 Última actualización 07/10/2022 14:05

Visita a Malata o pechacancelas da Primeira Federación. Son as antípodas da liga. O Talavera aínda non puntou e o Rácing é o líder invicto

Que o Talavera compite viuse hai unha semana en Riazor. Marcou dous goles e estivo cerca de empatarlle ó Deportivo. O atacante Escudero, un perigo. Os ferroláns teñen a consigna de non relaxarse e non poñerse teito.

"Nesta categoría non hai nada fácil"

O que máis repite o adestrador é que non quere nada de confianzas.

"Ser líder é gratificante, é bonito pero cos pés no chan porque levamos seis xornadas"

O Racing vén de gañar 0-3 en Badajoz. No anterior na casa 3-2 á Cultural leonesa. É o terceiro equipo máis goleador da Primeira Federacion. Este sábado, pola G2 e G24 ás sete da tarde, Rácing-Talavera. Sétima xornada, terceiro encontro na Malata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade