Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristóbal agardará ao final do campionato para dar a resposta sobre a súa renovación

Cristóbal agardará ao final do campionato para dar a resposta sobre a súa renovación

O programa Ao contraataque da Radio Galega confirmou que ten a proposta enriba da mesa

O adestrador conta con outras opcións, pero valora moito a estabilidade do proxecto ferrolán

G24.gal 28/05/2024 07:13

O Racing quere estabilidade no proxecto e iso pasa pola continuidade de Cristóbal Parralo. O técnico leva catro temporadas á fronte do cadro ferrolán, e o club agarda que acepte a proposta de renovación que ten enriba da mesa. 

Cristóbal agardará ao final do campionato para comunicar a súa decisión. Despois do gran traballo que fixo en Ferrol ten moito cartel noutros equipos, igual ca varios dos xogadores racinguistas, pero o catalán valora as condicións de traballo que lle ofrece o Racing. 

A tranquilidade que lle dá a directiva, a confianza da dirección deportiva, o apoio absoluto a cada unha das súas decisións... Algo que xa aconteceu con Quique Setién cando Carlos Mouriz ocupaba a dirección deportiva do Lugo e pretende conseguir con Cristóbal no Racing, pois veno como o adestrador ideal. 

O reto é maiúsculo. Despois dos éxitos destas dúas últimas campañas (ascenso de Primeira RFEF e pelexar polo play off na Segunda División), o Racing terá que afrontar a renovación do seu cadro, con futbolistas moi cobizados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos