Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade realizará cribados nas catro provincias a vindeira semana

Sanidade realizará cribados nas catro provincias a vindeira semana

Serán en localidades diferentes das habituais

Agárdase que a asistencia sexa masiva

 

G24.gal 08/01/2022 14:07

Localidades de toda Galicia sexan ou non cabeceiras de comarca van acoller dende o luns cribados masivos mediante tests de antíxenos. As probas vanse realizar sen cita previa pero nalgúns casos estarán dirixidas só a persoas que non presenten síntomas ou que teñan padecido a covid nos últimos 180 días. Convén, pois, informarse dos horarios e do tipo de proba e condicionantes que haberá en cada centro. Agárdase unha asistencia masiva, como xa aconteceu nos últimos días.

Os tests de hoxe en Ourense son nasofarínxeos, máis similares ás PCR e polo tanto máis fiables, e permiten emitir a diagnose en só 15 minutos. Os pacientes que dan positivo reciben ao momento as indicacións cos pasos que deben seguir.

Lalín, Melide, Sarria ou Vilagarcía son algunhas das localidades onde haberá cribados para a semana que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade