Publicador de contidos

Publicador de contidos

CreaXove, unha iniciativa de formación audiovisual gratuíta para a mocidade

CreaXove, unha iniciativa de formación audiovisual gratuíta para a mocidade

O proxecto está impulsado pola Xunta en colaboración cunha produtora das Pontes

G24.gal 11/06/2022 19:10 Última actualización 11/06/2022 19:29

CreaXove é un proxecto audiovisual organizado pola Xunta en colaboración con R3Visual Produce. Ten como finalidade achegar profesións relacionadas co deseño, o vídeo, a actuación, o guión e, en xeral, co sector audiovisual para dotar de novas habilidades e ferramentas os mozos galegos.

A primeira edición desenvolveuse nas Pontes. Impartíronse cinco cursos gratuítos coa participación de docentes e profesionais do sector, como o creador de Dygra Films, Manolo Gómez.

Entre os obxectivos dos cursos, fomentar a creatividade, canalizar a imaxinación e impulsar o traballo en equipo entre unha mocidade totalmente inmersa nas novas tecnoloxías, coas que convive día a día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade