Crean no Salnés unha Plataforma de axuda a Ucraína
Enviaron xa 4 camións con axuda humanitaria e recibirán un bus con 50 refuxiados
Unha das Plataformas de apoio humanitario a Ucraína naceu no Salnés pouco despois de que se iniciase a invasión. Enviaron xa tres camións con comida, fármacos ou produtos de hixiene , o luns enviarán o cuarto. O martes recibirán un autobús con medio cento de refuxiados aos que buscaron aloxamento, traballo e colexio para os fillos.
O traballo é inxente pero a ilusión tamén é moita.Liderados por Fundiciones Rey de Vilagarcía que xa coñecía o país pola súa actividade industrial e coa colaboración de ucraínos residentes en Galicia están a desenvolver un traballo profesional e eficaz, xa que neste caso non vale só a boa vontade. É preciso que a axuda chegue aos afectados, aos lugares aos que poden acceder.
Nun conflito que se prevé longo continúan recollendo alimentos e cartos para financiar os camións e os autobuses cos que colaboran coas vítimas da invasión.