Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coudet sobre o Celta: “Ten moi bos xogadores e un grande adestrador, que coñezo moi ben"

Coudet sobre o Celta: “Ten moi bos xogadores e un grande adestrador, que coñezo moi ben"

Ao técnico do Alavés gustaríalle ter máis puntos na clasificación

Foto Alavés
G24.gal 20/11/2025 18:51 Última actualización 20/11/2025 19:05

O adestrador do Deportivo Alavés, Eduardo Coudet, confesou este xoves que “as sensacións son mellores que a cantidade de puntos” que logrou o seu equipo ata o momento.

O arxentino apuntou en conferencia de prensa antes de medirse co Celta que lle gustaría ter máis puntos na clasificación.

“Sempre é importante gañar e, sobre todo, na casa, pero tamén o é non perder a esencia do xogo”, manifestou sobre a dinámica dos seus xogadores.

O Chacho medirase co Celta, un club que quere moito.

Estou agradecido co club e á cidade e alégrome de que lle vaia ben”

“Ten moi bos xogadores e un grande adestrador, que coñezo moi ben, cunha idea moi definida”

“Ten moitos xogadores con gol. Son un equipo ofensivo e temos que complementarnos máis e para que cheguen os xogadores de segunda liña”, apuntou 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar