O Chacho Coudet quere converterse en aliado do Celta
O Alavés, xa salvado, recibe a un Osasuna que loita co equipo vigués por un posto en Europa
O Raio Vallecano é o único que xoga como local. Recibe en Vallecas o Mallorca
O Chacho Coudet pode ser un aliado do Celta na última xornada. O adestrador do Alavés, ex do conxunto celeste, recibe o Osasuna, un dos equipos que pelexan por entrar en competición europea. O Osasuna é o único dos tres que non depende del para meterse e no caso de non conseguir a vitoria non tería ningunha posibilidade de superar o Celta. Coudet quere ter enchufado o seu equipo ata o último partido malia que non se xoga nada despois de acadar a semana pasada a salvación.
O Raio é o outro convidado na pelexa. A diferenza do Osasuna o equipo madrileño depende del para acadar o obxectivo europeo. O seu rival será o Mallorca, adestrado por Jagoba Arrasate, ex técnico do equipo osasunista. Todo un cruce de intereses e sentimentos do que pode saír beneficiado o Celta.