Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coudet recupera a Óscar Rodríguez e di que a Aspas quédalle unha bala coa selección

Coudet recupera a Óscar Rodríguez e di que a Aspas quédalle unha bala coa selección

"González Fuertes é un gran árbitro. Nunca me queixei del, senón das ferramentas que podía haber para colaborar con el"

Foto @RCCelta
G24.gal 16/09/2022 18:02 Última actualización 16/09/2022 18:21

Na previa do partido do Celta en Valencia, Eduardo Coudet falou da non convocatoria de Iago Asapas pola selección.

"Expectativas tiñamos todos as mellores. Estariamos moi contentos por el. Vén facendo as cousas da mellor maneira"

"Aínda queda unha bala, son nove partidos ata que se corta o torneo"

Coudet recupera plenamente a Óscar Rodríguez e tivo palabras de eloxio para o novo Valencia de Gattusso:

"Cambiou o seu estilo, tenta xerar desde a saída. Vin todos os seus partidos e é un equipo que xoga moi ben ao fútbol, xera moito. Trataremos de facer o noso xogo"

Malia a polémica arbitraxe no Celta-Real Madrid, Coudet non ten problemas co colexiado:

"González Fuertes é un gran árbitro. Nunca me queixei del, senón das ferramentas que podía haber para colaborar con el. É un árbitro de xerarquía, co que se pode falar. Non temos ningún problema"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade