Coudet entra con forza na lista de candidatos a dirixir a Chile
Así o revelou este xoves o prestixioso diario chileno 'El Mercurio'

O nome do adestrador do Celta, Eduardo 'Chacho' Coudet, entrou con forza na lista de posibles candidatos a ocupar o banco da selección de Chile, libre desde que hai un mes a 'Vermella' fracasara no seu intento de clasificarse para Qatar 2022 e fora destituído o uruguaio Martín Lasarte.
Así o revelou este xoves o prestixioso diario chileno 'El Mercurio', que na súa edición impresa asegurou que con esa misión desprazouse días atrás a España o coordinador de seleccións da Asociación Nacional de Fútbol ( ANFP), Francis Cagigao.
“Un nome que encaixa co perfil que se busca é Eduardo Coudet, pola súa mocidade (47 anos), estilo ofensivo, coñecemento do fútbol latino e o manexo de camarines importantes“, resalta a publicación.
'El Mercurio' admite, con todo, que na sede da federación cren que a fichaxe é moi difícil ou "case unha quimera" xa que antigo dianteiro arxentino acaba de ampliar o contrato cos galegos, que parecen contentos coa súa xestión a pesar da irregular campaña actual.