Coudet é consciente de cando o Celta non xoga ao que quere
Sobre se Aspas volverá á selección cos números que ten: "Sábeo só o seleccionado. Para nós é o xogador máis determinante que temos. Queda claro o que representa para nós e para o club"
Eduardo Coudet falou do partido de Balaídos ante o Xetafe. Sobre se lle preocupan os números dos atacantes que non son Iago Aspas:
"Non me preocupa quen marca, o importante é gañar non e quen faga os goles"
Sobre se Aspas volverá á selección cos números que ten:
"Sábeo só o seleccionador. Para nós é o xogador máis determinante que temos. Queda claro o que representa para nós e para o club"
Coudet tamén se referiu á boa imaxe do Celta en San Mamés:
"Dámonos conta todos cando non xogamos ao que queremos, nós e vostedes. Iso é positivo. Retomar a forma é bo. Pero mañá é outra historia, imos tratar de escribila da mellor forma"
📋🏟🔙
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) April 19, 2022
2⃣1⃣ celestes convocados para o #CeltaGetafe. Imos a pola vitoria! 💙#RCCelta #LaLiga