Coudet afirma que non sabe nada dunha saída de Denis Suárez en xaneiro
Non quixo falar das inxerencias da filla e do neto do presidente Mouriño
O técnico do Celta falou na previa do partido de Copa ante o Ebro, pero as preguntas tiveron que ver máis con outros asuntos.
Preguntáronlle se o Celta lle consultou sobre unha posible saída de Denis Suárez en xaneiro e respondeu que non falou sobre ese tema coa directiva.
Modificaríalle os plans? "Non o penso, non o teño na cabeza, tería que poñerme a analizar sobre un suposto"
Outro asunto tivo que ver sobre as inxerencias da filla e do neto do presidente Mouriño.
"Estou á marxe do extradeportivo, traballo e fago o mellor para o Celta. Estou á marxe das redes porque non me gusta involucrarme en nada que non teña que ver co meu traballo"
Anunciou que Iago Aspas non xogará a Copa porque foi pai por terceira vez.
𝐀 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚 𝐜𝐞𝐥𝐭𝐢𝐬𝐭𝐚 𝐦𝐞𝐝𝐫𝐚!
— RC Celta (@RCCelta) November 29, 2021
Parabéns @aspas10 e Jenni 💙 pic.twitter.com/RAacZCMfZ2