Corea do Sur, os UEA e O Xapón farán exercicios contra os mísiles norcoreanos
As manobras comezarán o 7 de setembro e estarán centradas en facer fronte ás ameazas nucleares de Corea do Norte
Corea do Sur anuciou este venres que realizará con Estados Unidos e O Xapón unhas manobras militares conxuntas para facer fronte á ameaza de mísiles e armamento nuclear de Corea do Norte.
O exercicio, denominado Freedom Edgem terá carácter defensivo e desenvolverase entre o 7 e o 11 de setembro en augas internacionais ao leste e ao sur da illa surcoreana de Jeju.
Segundo o Estado Maior Conxunto surcoreano, as manobras teñen como obxectivo contrarrestar as ameazas nucleares e de mísiles de Pyongyang e contribuír á estabilidade rexional.
O anuncio chega despois de que Estados Unidos reducise os exercicios militares con Corea do Sur. O presidente estadounidense, Donald Trump, criticou recentemente estas manobras e asegurou que espera reunirse do líder norcoreano, Kim Jong-Un, antes de que remate o ano.