Publicador de contidos

Publicador de contidos

Convocadas 5.647 prazas de emprego público para reducir a temporalidade

Convocadas 5.647 prazas de emprego público para reducir a temporalidade

O DOG publicará entre este luns e martes estas praas correspondentes ao proceso de estabilización de emprego público

G24.gal 26/12/2022 12:04

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará entre este luns e martes a convocatoria de 5.647 prazas correspondentes ao proceso de estabilización de emprego público, que ten como obxectivo reducir a temporalidade por baixo do 8 %.

Segundo sinalou a Xunta nun comunicado, 5.029 destas prazas convocaranse polo sistema de concurso de méritos e os 618 restantes a través dun concurso-oposición.

O primeiro dos procesos busca seleccionar as prazas que estivesen ocupadas de forma temporal e de maneira ininterrompida con anterioridade a 1 de xaneiro de 2016. Así, o segundo será de aplicación ás prazas ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos os tres anos anteriores a 31 de decembro do ano 2020.

Dentro do concurso de méritos destacan un importante número de prazas para o corpo superior da Administración xeral, o de xestión ou o auxiliar. Ademais, convócanse prazas na especialidade de persoal de limpeza e cociña, educación infantil ou escala auxiliar de coidadores.

O prazo para a presentación de solicitudes nestes procesos de estabilización de emprego comeza o día 16 de xaneiro e finaliza o 10 de febreiro de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos