Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio no sur de Ávila e estabilizado o das Hurdes, en Cáceres

Controlado o incendio no sur de Ávila e estabilizado o das Hurdes, en Cáceres

O lume queimou 2.200 hectáreas en Ávila e case 2.800 en Cáceres

A chuvia axudou a controlar o lume no sur de Ávila
G24.gal 02/08/2025 20:06 Última actualización 02/08/2025 21:19

A auga que caeu a noite pasada axudou considerablemente aos case cincocentos traballadores que loitaban contra o lume que afectaba ao Val do Tiétar, no sur da provincia de Ávila.

As lapas consumiron arredor de 2.200 hectáreas dun monte que xa ardera completamente en 2009.

Os responsables técnicos da loita contra o lume da Xunta de Castela León consideran que o incendio está controlado, pero que aínda terán que traballar moitos días na zona para poder declaralo extinguido.

O pasado xoves xa puideron volver ás súas casas os case 2.000 veciños evacuados dos concellos abulenses de El Arenal e Mombeltrán.

Incendio nas Hurdes

Tamén recuperaron a normalidade os últimos veciños de Avellanar, na comarca cacereña das Hurdes, onde o lume queimou case 2.800 hectáreas. Neste incendio, considerado estabilizado, quedaron feridos leves tres traballadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade