Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa estable o incendio de Ponte da Barca que leva ardendo unha semana próximo a Galicia

Continúa estable o incendio de Ponte da Barca que leva ardendo unha semana próximo a Galicia

Este incendio arde desde hai  unha semana e o maior problema para apagalo está sendo o denso fume que orixinou e que "non permitiu operar aos medios aéreos", explican as autoridades lusas

Soben as temperaturas en Portugal: o domingo todo o país menos o distrito de Faro, no sur, estará en alerta laranxa pola calor

Estabilizado o incendio de Ponte da Barca, preto de Galicia, e está controlado o de Arouca

G24.gal 02/08/2025 12:23

O incendio na zona de Ponte da Barca, no norte de Portugal e que chegou a só dous quilómetros da fronteira con Galicia, segue controlado este sábado, a pesar das dificultades para extinguilo por completo, segundo informaron as autoridades.

O comandante rexional de Lisboa da Autoridade Nacional para Emerxencias e Protección Civil (ANEPC), Elísio Oliveira, dixo aos xornalistas que están a enfrontar dificultades cos puntos de auga, a dispoñibilidade dos medios aéreos e as distancias.

A iso súmase que o denso fume neste incendio, que comezou hai unha semana, "non permitiu operar aos medios aéreos", detallou Oliveira.

Actualmente traballan nos labores de extinción deste incendio 610 bombeiros, apoiados por 201 medios terrestres e 1 aéreo, segundo as últimas cifras da protección civil lusa.

O lume comezou moi próximo a Ponte da Barca e estendeuse arrasando co parque Peneda Gerés ata case dous quilómetros do concello de Lobios, en Galicia.

Aumentan as temperaturas en Portugal ata o 42 graos

Tras unha breve tregua nas temperaturas que prevé o Instituto Portugués do Mar e a Atmosfera (IPMA) para este sábado, o domingo volverán anotarse valores moi altos en todo o país, e alcanzaranse temperaturas de ata 42 graos en Santarém, no centro do país.

O domingo todo o país menos o distrito de Faro, no sur, estará en alerta laranxa pola calor; e o luns, o norte de Portugal subirá a alerta vermella, o máximo nivel, polas altas temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade