Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desactivan a situación 2 no incendio de Dozón tras calcinar 400 hectáreas

Desactivan a situación 2 no incendio de Dozón tras calcinar 400 hectáreas

O lume estaría parcialmente estabilizado, segundo a Subdelegación do Goberno

G24.gal 13/08/2025 13:56 Última actualización 13/08/2025 14:49

O incendio que se declarou onte ao mediodía en Dozón xa non supón un perigo para as vivendas do Castro. Por iso, a Consellería de Medio Rural desactivou este mediodía a situación 2 tras calcinar unhas 400 hectáreas. O lume, con todo, segue activo. 

O ambiente na parroquia do Castro, no concello pontevedrés de Dozón é de calma tensa a pesar de que o incendio forestal estaría estabilizado nun 60 % da súa superficie. A néboa desta noite axudou algo nas tarefas de extinción e arrefriamento, segundo os propios axentes forestais. Pouco a pouco foi despexando durante a mañá e facendo máis visibles as consecuencias do lume. 

Os traballos continúan arestora e neles participan 4 técnicos, 18 brigadas, 25 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións. Onte á última hora da noite xa quedara restablecida a circulación na autovía AG-53, a que conecta Santiago con Ourense, nesta zona que quedara totalmente pechada ao tráfico en ambos os dous sentidos ás catro da tarde, pola proximidade das lapas. Nun primeiro momento os vehículos desviáronse pola estrada nacional 525, que transcorre paralela á autovía, pero tamén tivo que pecharse cercada polo lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade