Cargando resultados...
Conta atrás para os Premios Mestre Mateo, con 'Rapa' como favorita, con 19 candidaturas
No apartado de mellor longametraxe compiten O corpo aberto, Código emperador, O home e o can e Live is life
Alberto Vázquez opta a mellor dirección, guión e dirección de arte por Unicorn wars, filme que opta a seis premios.
G24.gal
07/02/2023 15:59
A serie Rapa é a gran favorita para os Mestre Mateo que organiza a Academia Galega do Audiovisual. Conta ata 19 candidaturas fronte ás 16 de O Corpo aberto, as 8 de Código Emperador e as 6 de Unicorn Wars. A gala será o 11 de marzo en Ourense.