Publicador de contidos

Consellos para conducir baixo a neve

Consellos para conducir baixo a neve

Recomendan revisar o vehículo e o estado da estrada antes de saír

Cómpre usar pneumáticos de inverno, fundas ou cadeas 

A conducción ten que ser suave e con marchas longas

G24.gal 23/11/2021 14:38

Agora que chega o frío, cómpre estar preparados para non ter problemas ao volante. O xeo ou a neve complican moito a condución, así que, un ano máis, os expertos recórdannos como minimizar os riscos.

Para evitar sustos cada son máis os condutores que optan por calzar os seus vehículos con rodas de inverno ou as catro estacións, válidas para todo o ano. Suso Villar, propietario dun taller en Lalín, comenta que ultimamente se venden moito porque valen tanto para eliminar o exceso de auga como para agarrar mellor na neve.

Outra opción para circular na neve son as fundas téxtiles, rápidas e fáciles de colocar, pero moi delicadas no asfalto. "Se pasas un por unha zona sen neve rompen, hai que sacalas, inmediatamente non son como as cadeas", explica Suso.

Se optan por poñer cadeas, hai que comprobar que sexan da mesma medida dos pneumáticos.
Despois haberá que estendelas diante das rodas motrices e tensalas correctamente para non danar o coche. "Se a cadea non vai ben axustada podes danar a peza de freo ou o palier do vehículo", advirte Suso.

É fundamental consultar o estado da estrada e do vehículo antes de arrincar. E se a nevarada nos sorprende en ruta, reducir a velocidade, guiar con marchas longas e evitar manobras bruscas que puideran facer esvarar o coche.

Publicidade
Publicidade
Publicidade