Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio Rural: "Mellora a situación, con pequenas reproducións pero sen a perigosidade de días pasados"

Medio Rural: "Mellora a situación, con pequenas reproducións pero sen a perigosidade de días pasados"

Nunha entrevista na Radio Galicia, María José Gómez volveu reclamar "máis maquinaria pesada do Estado"

EFE/Brais Lorenzo EFE/Brais Lorenzo
G24.gal 20/08/2025 21:42 Última actualización 20/08/2025 22:27

Este mércores houbo avivamentos nos concellos de Vilariño de Conso, no de Oímbra e tamén no de Monterrei. Ademais os medios traballan na Cruz de Outeiro, en Quiroga, nunha zona de difícil acceso. Afánanse en manter os cortalumes pra evitar que as lapas entren en Folgoso do Courel. Hai medios traballando tamén no incendio que afecta a Pena Trevinca, no concello de Carballeda de Valdeorras, nunha zona de difícil acceso e onde só poden operar medios aéreos. Neste lume non hai ningunha poboación afectada. 

Son datos que ofreceu esta tarde a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, nunha entrevista na Radio Galega.

A conselleira confirma que o persoal do Exército desprazado en Galicia segue traballando en labores de apoio á Garda Civil. Tamén chegaron dous coordinadores de helicópteros. No que atinxe á maquinaria pesada solicitada pola Xunta, o Goberno só entregou 4 dos 20 bulldozers pedidos e tampouco facilitou ningún dos helicópteros demandados. 

Medio Rural está fornecendo alimento aos gandeiros afectados pola perda de pastos e forraxes nesta onda de incendios. Están distribuíndo pacas de herba nos concellos de Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, A Mezquita, Maceda e A Gudiña. Tamén se entregarán en Quiroga. 

A conselleira anuncia que no paquete de axudas que a Xunta aprobará a semana que vén haberá liñas para mercar forraxe, para refacer o peche das parcelas afectadas polo lume, tamén para os apicultores que perderon as colmeas e para os gandeiros que perderon os rabaños. 

 

María José Gómez sinala que é pronto para saber a superficie queimada este mes de agosto en Galicia porque hai que agardar a ter toda a superficie afectada perimetrada para coñecer o dato con exactitude.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade