Publicador de contidos

Publicador de contidos

Confirmados dous mosquitos tigre na parroquia viguesa de Lavadores

Confirmados dous mosquitos tigre na parroquia viguesa de Lavadores

Os veciños sitúanos no estanque de Rivera Atienza

G24.gal 19/08/2023 14:08 Última actualización 19/08/2023 14:25

Segundo os veciños da zona máis proxima á Igrexa e o pavillón de Lavadores, os insectos estanse avistando no estanque posterior ás vivendas de Rivera Atienza. Na zona atopamos persoas que afirman que o insecto lles picou a eles ou aos mozos que adoitan frecuentar esta zona. A Xunta confirmou dous exemplares. No barrio hai tamén turistas cataláns que levan sufrindo o insecto desde hai quince anos.

Desde a Administración galega salientan que os exemplares atopados en Galicia non están contaminados por doenzas graves. E lembran tamén como protexerse: instalar mosquiteiras, usar repelentes, levar as extremidades cubertas, evitar as augas estancadas ademais de extremar a hixiene e a limpeza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar