Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta declara a música e o baile tradicional como Ben de Interese Cultural

A Xunta declara a música e o baile tradicional como Ben de Interese Cultural

A declaración está motivada polo seu valor como "patrimonio inmaterial"

Arquivo (Europa Press) Arquivo (Europa Press)
G24.gal 22/12/2025 10:39 Última actualización 22/12/2025 13:36

O Consello da Xunta acordou este luns declarar a música e o baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural (BIC)

Segundo explicou o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a declaración prodúcese polo valor deste "patrimonio inmaterial, que permite conectar co pasado, presente e futuro e que se transmite a través de xeracións".

Calvo, quen presidiu a xuntanza do executivo galego pola ausencia de Alfonso Rueda, quen participaba nunha reunión da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular, destacou "o labor que realizan as asociacións na recollida, na transmisión e a difusión" deste patrimonio, e en especial "o protagonismo que teñen as mulleres".

A declaración servirá para fomentar "protexer ao máximo este tesouro", sinalou o conselleiro, a través de tres eixos: "fomentar a investigación científica e académica sobre a música tradicional, incidir no ensino e na difusión e garantir a conservación deste legado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade