Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta amplía ata o 2067 a concesión de Jealsa no porto de Bodión, en Boiro

A Xunta amplía ata o 2067 a concesión de Jealsa no porto de Bodión, en Boiro

O permiso de 50 anos vencía no ano 2042, e amplíase en 25 anos máis

G24.gal 09/12/2025 10:22 Última actualización 09/12/2025 16:42

O Consello da Xunta aprobou este martes autorizar unha "prórroga excepcional" para a concesión que a conserverira Jealsa ten no porto de Bodión, en Boiro.

O permiso que era de 50 anos e vencía no ano 2042 amplíase ata os 75 anos, de xeito que chegará ata o ano 2067. Segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a ampliación aprobase ao cumprirse os dous criterios requiridos: o interese estratéxico que esta empresa ten na comarca do Barbanza, onde dá emprego a unhas 3.000 persoas, e a que supera o requisito dun investimento mínimo de 500.000 euros, que neste caso chega ata os 8 millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade