Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta recorre ante o Supremo os decretos que regulan a repartición de menores estranxeiros

A Xunta recorre ante o Supremo os decretos que regulan a repartición de menores estranxeiros

A Administración galega xa presentara un recurso ante o Tribunal Constitucional contra o decreto lei que establecía a fórmula para o traslado e o acollemento destes menores estranxeiros

G24.gal 11/11/2025 11:14 Última actualización 11/11/2025 14:23

O Consello da Xunta acordou este martes presentar dous recursos ante o Tribunal Supremo contra os decretos que regulan o traslado e repartición entre as comunidades autónomas de menores estranxeiros non acompañados.

Segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, os recursos van dirixidos contra o decreto que regula o traslado destes menores e contra outro que establece a capacidade de cada comunidade e o número que debe acoller.

Este recurso é o segundo que presenta a Xunta contra esta regulación, tras o primeiro xa presentado ante o Tribunal Constitucional canda a outras dez comunidades autónomas.

"Sempre dixemos que cumpririamos a lei", asegurou Rueda, "pero pedimos coordinación e medios, pero non temos información". A xuízo da Xunta, optouse pola vía da "imposición", sen "planificación" nin financiamento suficiente.

Rueda asegurou que a Xunta sempre apostou pola colaboración respecto ao acollemento dos menores migrantes non acompañados e reclamou coordinación e planificación ao Goberno pero "non a recibimos", lamentou.

Así, criticou que os criterios de repartición establecéronse "sen contar coas comunidades autónomas", que non teñen información sobre a asignación de fondos, nin a planificación dos envíos dun financiamento que é "claramente insuficiente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos