Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os ingresos hospitalarios caen un 90 % pola vacinación contra o virus respiratorio sincipital

Os ingresos hospitalarios caen un 90 % pola vacinación contra o virus respiratorio sincipital

O presidente da Xunta destaca o éxito da campaña, en que se vacinaron todos os bebés con risco especial e o 90 % dos nacidos entre o 25 de setembro e o 1 de xaneiro

G24.gal 01/02/2024 12:43 Última actualización 01/02/2024 14:49

A campaña de vacinación contra o virus respiratorio sincipital, da que Galicia foi pioneira en incorporar no calendario vacinal, permitiu reducir nun 90 % os ingresos hospitalarios a causa de enfermidades causadas por el. 

Segundo explicou este xoves o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na campaña que se iniciou o 25 de setembro, vacináronse todos os bebés considerados de risco especial, e o 90 % dos nacidos entre ese 25 de setembro e o 1 de xaneiro.

"Os efectos son directísimos. O virus está a circular este ano en niveis moi similares e, nalgúns momentos, incluso superiores", asegurou Rueda, quen explicou que noutros anos os ingresos eran de media máis de catrocentos, superando os 500 nalgúns e chegando ata os 800 nos peores anos. Nesta ocasión e neste período foron 50 os nenos e nenas que deberon ingresar nun centro hospitalario a causa deste virus, causante da enfermidade da bronquiolite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar