Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia contará cun centro de control de doenzas para previr epidemias

Galicia contará cun centro de control de doenzas para previr epidemias

O presidente da Xunta avanza que comezará a funcionar este semestre

G24.gal 18/01/2024 12:15 Última actualización 18/01/2024 15:06

O Consello da Xunta aprobou este xoves a creación do Centro galego de Control e Prevención de Enfermidades, que ten como misión anticiparse a novas epidemias ou problemas de saúde pública relevantes.

Os seus profesionais vixiarán a evolución de doenzas con alta incidencia, a partir, por exemplo, de cribados de colon ou neonatais, analizarán a calidade das augas e do aire, e crearán unha rede de farmacias sentinela para adiantarse a posibles andazos.

"Se se dispara a venda de antigripais, por exemplo, é indicativo que hai que ter en conta", explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que engadiu que este centro, que empezará a funcionar este semestre, servirase do BIG DATA e a intelixencia artificial.

Traballarán nel uns 50 profesionais da medicina, enfermaría, farmacia, veterinaria ou psicoloxía. Este centro encargarase de asesorar e coordinar todas as estratexias en materia de saúde pública en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar