A Xunta comeza a tramitar os orzamentos centrados nos servizos sociais, a vivenda e o Xacobeo 2027
Alfonso Rueda destca que, "un ano máis", Galicia volverá ter as contas públicas aprobadas "en tempo e forma" para que se poidan aplicar desde o 1 de xaneiro de 2027
O Consello da Xunta aprobou este luns iniciar a tramitación dos orzamentos xerais da comunidade para o próximo ano 2027.
Segundo destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, esas contas púlicas terán como piares centrais os servizos sociais, co reforzo continuado da sanidade, o ensino e atención aos dependentes; seguir coas liñas estratéxicas en materia de vivenda; e para aproveitar a oportunidade da celebración dun novo ano Xacobeno en 2027.
Rueda volveu poñer en contraposición a estabilidade da Administración galega, que cada ano aproba as súas contas públicas "en tempo e forma", fronte ao Goberno central, que manten os seus presupostos prorrogados desde 2023.
O obxectivo, sinalou Rueda, é poder ter aprobados os orzamentos para que o 1 de xaneiro de 2027 xa estan en vigor.
Entre as prioridades desas contas o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, remarca tamén a modernización da economía galega.
Corgos tamén subliñou que "en tempos de incertezas", a Xunta quere pór "a estabilidade ao servicio dos cidadáns".
No calendario marcado a Xunta prevé aprobar o teito de gasto a finais de xullo e os orzamentos o 20 de outubro.