Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta convoca deputacións e concellos para avanzar nos traballos nas zonas afectadas polas treboadas

A Xunta convoca deputacións e concellos para avanzar nos traballos nas zonas afectadas polas treboadas

Alfonso Rueda insta a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para que "faga de inmediato" os labores de limpeza nos leitos dos ríos da súa competencia

Danos en Pradocabalos, en Viana do Bolo, polo efecto das treboadas (Europa Press/Rosa Veiga) Danos en Pradocabalos, en Viana do Bolo, polo efecto das treboadas (Europa Press/Rosa Veiga)
G24.gal 22/06/2026 11:57 Última actualización 22/06/2026 14:11

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns a convocatoria ás deputacións de Lugo e Ourense e aos concellos afectados polas fortes treboadas da semana pasada para "realizar unha análise minuciosa, logo de realizar os traballos máis urxentes, e concretar as necesidades de reparación".

Os concellos afectados nas dúas provincias son Viana do Bolo, Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Verín, Vilardevós, Verín, A Gudiña, A Veiga, Monforte de Lemos e o Saviñao.

Rueda, tras a xuntanza semanal do Consello da Xunta, tamén se dirixiu ao Goberno central para que a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) realice "de xeito inmediato" as labores de limpeza nos leitos dos ríos e de protección do solo, "que nunha parte importante non estaban realizadas".

O presidente da Xunta instou a realizar un traballo coordinado entre todas as administracións e destacou que tras o paso das fortes treboadas da semana pasada xa se fixeron "de xeito inmediato os traballos para restaurar os principais servizos".

Nomeadamente, destacou os traballos na estrada OU-533, ao seu paso por Viana do Bolo, na que "en 24 horas xa estaba restablecida a circulación".

Porén, dixo Rueda, "a reparación dos danos e a prevención ante posible chuvia futura require da máxima implicación e coordinación de todas as administracións".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade