Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade confirma 5 casos da ómicron, un deles por transmisión comunitaria

Sanidade confirma 5 casos da ómicron, un deles por transmisión comunitaria

Goberno e comunidades descartan polo momento aumentar as restricións contra a covid

O 13 de decembro chegarán 1,3 millóns de doses de Pfizer para vacinar os nenos

Darias descarta a vacinación obrigatoria en España pola alta cobertura vacinal

Xuntanza do Consello Interterritorial de Saúde este xoves en Córdoba
G24.gal 02/12/2021 17:52

Sanidade notificou 14.500 novos contaxios e 42 mortos na última xornada. A incidencia segue á alza con case 17 puntos de suba e acada os 234 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días.

Goberno e comunidades manteñen a cautela. Consideran que a presión hospitalaria está en cifras aceptables e co 89,4 % da poboación inmunizada hai escudo contra a covid.

Por iso o Consello Interterritorial de Saúde rexeitou adoptar medidas excepcionais. Iso si, piden máxima precaución durante todo este mes, especialmente na ponte da Constitución e nas festas do Nadal.

"Sobre todo hai que evitar as aglomeracións, e se non se poden evitar hai que ser moi responsable e manter a distancia de seguridade, así como levar sempre a máscara", di Carolina Darias, ministra de Sanidade.

Variante ómicron en España

Xa hai cinco casos da variante ómicron en España, segundo confirmou Silvia Calzón, secretaria de Estado de Saúde. Un deles é o primeiro infectado por transmisión comunitaria xa que non viaxara a ningún país surafricano nin tivo contacto con persoas que se moveran a eses destinos de risco.

Polo momento desbotan novas medidas, pero si chaman a extremar a precaución e evitar as aglomeracións.

Primeiras doses en decembro para nenos 

España recibirá uns 3,3 millóns de doses de vacinas de Pfizer para nenos de 5 a 11 anos ata xaneiro. A ministra de Sanidade, Carolina Darias, explicou que durante decembro chegarán 1,3 millóns e no mes de xaneiro outros dous millóns. 

Darias desbota a vacinación obrigatoria en España

A ministra de Sanidade desbota a vacinación obrigatoria en España pola alta cobertura vacinal, e porque dispoñemos doutras ferramentas eficientes contra o virus.

"Entendo que os países cunha baixa cobertura vacinal si plantexen esa opción", indicou.

Os datos foron expostos este xoves na comparecencia da ministra de Sanidade, Carolina Darias, xunto ao Conselleiro da Xunta de Andalucía, Jesús Aguirre Muñoz, e a secretaria de Estado de Sanidade, Silvia Calzón, tras a xuntanza do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Minuto a minuto

17:51

A incidencia en España aumenta ata os 234 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, segundo anunciou a secretaria de Estado de Sanidade, Silvia Calzón.

17:52

Esta incidencia concéntrase especialmente nos menores de 12 anos mentres que a franxa de idade con menos incidencia está nos maiores de 80 anos.

17:53

A ocupación hospitalaria está no 3,3 % mentres nas UCI ronda o 8,4%. Son 3 veces menos que nas anteriores vagas da pandemia, sinalou Calzón

17:57

A maior parte dos casos en España son da variante delta. En canto a variante ómicron, Calzón confirma un total de cinco casos en España, ademais doutros en estudo.  

17: 58

Calzón asegura que a eficiencia das vacinas coa variante ómicron segue sendo incerta. O coñecemento terá que ir en aumento para poder calibrar o impacto da variante, e mentres tanto 'quedan establecidas as medidas de control de fronteiras a través do Ministerio de Exteriores'

18: 02

Calzón pide que as personas maiores de 60 anos reciban a terceira dose da vacina: "A diferenza entre vacinados e non vacinados son especialmente importantes nos casos graves, e cando se administra esta terceira dose impúlsase a inmunización xerando unha maior cantidade de anticorpos. 

18:05

A vacina pediátrica de Moderna estase sometendo a evaluación durante este mes de decembro, e estará destinada aos menores entre 5 e 12 anos. Ademais terá dúas pautas separadas en 28 días. 

18: 06

Darias insiste na importancia de protexernos, cuidarnos e seguir coas medidas de protección habituais. 

18: 07

A ministra de Sanidade insiste en que o obxectivo é ter vacinado á maior parte dos colectivos vulnerables con 3 doses da vacina antes do Nadal

18: 15

Sobre a vacinación obrigatoria Carolina Darias di que non a ve necesaria: "estamos nunha situación diferente, somos o país con maior cobertura vacinal de Europa"

18: 20

A ministra insistiu en que a principal meta en España é continuar vacinando como estamos facendo, e subliñou a altísima concienciación cidadá que existe no país. 

18: 23

Sobre a vacina pediátrica Carolina Darias lembrou que a partir do 13 de decembro chega o primeiro envío de Pfizer con 1,3 millóns de doses que 'se repartirán entre as comunidades autónomas de maneira proporcional á poboación'. En xaneiro chegarán dous millóns máis de doses.

18: 24

A vacina de Pfizer é a única aprobada ata agora pola Axencia Europea do Medicamento para a poboación de 5 a 11 anos, uns 3,3 millóns de persoas no noso país. A inmunización deste grupo de idade abordarase o vindeiro martes na Comisión de Saúde Pública.

18: 30

Sobre a nova variante, Carolina Darias explicou que as persoas que proceden de países de risco teñen a obriga de facer corentena, e recordou que no aeroporto estanse realizando tests de antíxenos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade