Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo pídelle ao Goberno baixar o IVE da electricidade e do gas

G24.gal 10/03/2022 11:53

Galicia vaille pedir ao Goberno español que baixe impostos á enerxía. Núñez Feijóo avanzou os seus argumentos para a Conferencia de Presidentes desta fin de semana na Palma.

Vaille reclamar a Sánchez medidas para que as empresas poidan resistir a suba da luz e para que os consumidores non se vexan tan afectados pola inflación.

"Non podemos seguir soportando os prezos da factura eléctrica e gasística nin no agro, nin no mar, nin na industria nin nos fogares. Por tanto, nós temos unha proposta de baixada do IVE entre o tipo reducido e superreducido da electricidade e do gas en España, cumprindo a normativa da Unión Europea", dixo Feijóo.

O Consello da Xunta prepara o seu itinerario de futuro e acaba de aprobar o plan estratéxico 2022-2030. É o documento que guiará as políticas económicas do Goberno galego durante esta década. O plan ten dous grandes obxectivos: conseguir un crecemento anual sostido da economía galega entre o 2 e o 2,5 % e reducir a taxa de paro ata o 8 %.

A Xunta tamén vai remitir ao Parlamento para a súa aprobación definitiva o proxecto de lei do ciclo integral da auga. O presidente di que esta lei busca dar un mellor servizo aos cidadáns, con responsabilidade ambiental, e responder á demanda de axuda dos concellos.

Feijóo insiste en que Augas de Galicia non vai aumentar as taxas e dependerá de cada concello se quere mudar os recibos. Tamén reitera que a Xunta lles dá aos concellos a posibilidade de encargarlle a xestión da auga, pero que é unha opción voluntaria.

Minuto a minuto

13:22

Comeza a comparecencia do presidente da Xunta

13:23

Feijóo anuncia a aprobación dun Plan Estratéxico Económico 2022-2023 o obxectivo é un crecemento entre o 2 e o 2,5 % por encima da media española. Afirmou que se espera chegar ata o 8 % de desemprego.

13:24

Feijóo afirma que hai un incremento da incidencia do coronavirus e que o 47 % dos pacientes ingresados nos hospitais é por covid-19

13:26

O presidente da Xunta di que esta semana se completará a pauta completa da vacina dos nenos de entre 5 e 11 anos 

13:28

Feijóo di que na Conferencia de Presidentes Galicia pedirá ao Goberno que explore as vías para baixar os impostos que gravan a electricidade e o gas

13:31

Feijóo afirma que o Consella da Xunta aprobou o proxecto de Lei de Mellora do Ciclo da Auga, con ela o que se pretende é que haxa unha xestión de calidade e que os concellos poidan acometer o abastecemento e saneamento

13:35

O presidente da Xunta di que o que se busca é a igualdade no prezo da auga e que Augas de Galicia non vai incrementar as taxas

13:37

Feijóo subliña que o texto se vai remitir ao Parlamento

13:38

Feijóo anuncia que a Xunta aprobou a renovación de colectores e tanque de tormenta en Lalín por un importe de 6,7 millóns de euros

13:39

O presidente da Xunta manifesta que os mariñeiros galegos retiraron 120 toneladas de lixo do mar

13:42

A Xunta habilita 550.000 euros para axudas a festivais de música e artes escénicas

13:43

O Consello da Xunta aproba a convocatoria para a subvención de producións audiovisual galega de 2,5 millóns de euros

13:46

Feijóo di que estamos ante un escenario de enormes dificultades coa inflación desbocada

13:51

Feijóo destaca que Galicia é a comunidade autónoma que menos incrementou a débeda pública nos últimos 13 anos e que quere acadar a débeda 0 no presuposto de 2025

13:54

Remata a comparecencia do presidente da Xunta

13:54

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos comparece para informar sobre o Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030

13:55

Corgos di que o Plan Estratéxico foi amplamente consensuado con todos os sectores da sociedade civil

14:00

Corgos explica que o plan ten cinco eixes: Reto demográfico, Galicia Verde Sostible, Competitividade e Crecemento, Coexión Social e Territorial e Gobernanza

14:16

Remata a comparecencia de Miguel Corgos

14:18

Feijóo responde as preguntas dos xornalistas

14:19

Sobre quen presidirá a Xunta, Feijóo di que as decisións irán anunciándose nos foros axeitados e garante a estabilidade do Goberno en Galicia

14:21

En canto ao pacto do PP con Vox para gobernar en Castela e León, Feijóo di que Mañueco acaba de evitar un adianto electoral

14:23

Preguntado sobre se o próximo presidente da Xunta pode ser unha muller, Feijóo afirmou que "por suposto é unha posibilidade"

14:27

Feijóo di que si é presidente do PP dará todas as explicacións que se tomen no seu partido en referencia a se haberá máis pactos entre o PP e Vox

14:28

Sobre o documental de Pedro Sánchez, o presidente da Xunta di que os españois non se merecen iso

14:35

Feijóo manifesta que é partidario de que goberne a lista máis votada

14:37

O presidente da Xunta di que se debería de concretar o alcance e contido dun pacto de Estado entre os principais partidos para trazar os parámetros da posición de España sobre o conflito de Ucraína

14:38

Feijóo: "Que o PSOE deixe que se utilice o seu nome para que un funcionario do Concello de Vigo condenado por enchufar unha cuñada de Carmela Silva solicite o indulto é o máis grave que eu vin".

14:42

Feijóo: "Sorprendeume moito que Juan Díaz Villoslada dimitise".

14:44

Remata a comparecencia de Alberto Núñez Feijóo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade