Publicador de contidos

Sanidade limita os horarios da hostalería e do ocio nocturno e prohibe xuntanzas de madrugada

Sanidade limita os horarios da hostalería e do ocio nocturno e prohibe xuntanzas de madrugada

Sanidade pedirá autorización do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para prohibir as reunións de non conviventes entre as 2 e as 6 da mañá

Tampouco se poderá consumir na barra

Entran en vigor a noite do 30 ao 31 de decembro ata o 18 de xaneiro

G24.gal 28/12/2021 09:10

Sanidade impón de novo restricións na hostalería para tratar de frear a sexta vaga de contaxios, a máis explosiva e que deixa cifras marca de positividade.

Un positivo poderá notificarse con antíxenos sen necesidade de facer PCR

A Xunta de Galicia simplificará os procesos para o recoñecemento dun positivo por covid-19 de maneira que sexa suficiente cun test de antíxenos realizado no propio domicilio sen necesidade de confirmar posteriormente a través dunha PCR, polo que tampouco será necesario acudir ao centro de saúde para obter unha baixa temporal.

Trátase dunha medida para tentar paliar a presión que sofren os centros de saúde e, en xeral, toda a Atención Primaria. Tratarase ademais de automatizar e facer de maneira centralizada, ou polo menos a nivel de área sanitaria, toda a xestión das incapacidades temporais pola covid-19.

Desta maneira, non será necesario acudir ao centro de saúde para conseguir a baixa, xa que se establecerá un sistema para que se poida facer "de maneira automática sen necesidade de que o paciente se presente".

Tamén se eliminan os puntos habilitados para facer PCR sen citas e gratuítas, e reserva estas probas para os contactos estreitos e as persoas con síntomas.

Restricións na hostalería e ocio nocturno

Os bares e restaurantes quedan de novo sen uso da barra e terán que pechar ás doce da noite, agás os venres e os sábados, días que o horario se amplía ata a unha. Ademais, a partir das doce da noite do venres será obrigatorio presentar o certificado covid para entrar nos bares e nas cafeterías a calquera hora.

De luns a venres bares e restaurantes só estarán abertos ata as doce da noite, e as fins de semana ata a unha. O mesmo que a noite do 31. Ese día poderán pechar á unha da mañá, pero non poderán volver abrir antes das dez da mañá do día seguinte. 

O peche do ocio nocturno será ás tres da mañá. As recomendacións esténdense ás celebracións en familia. Sanidade insiste en que non se xunten máis de dúas unidades familiares, e por suposto, que non se fagan festas de Noitevella privadas.

Sanidade tamén propón evitar os eventos musicais masivos, e de celebrarse, terá que ser co público sentado. Na mesma liña, tamén recomenda evitar as aglomeracións en Reis, e mellor se as cabalgatas son estáticas.

Toque de "non queda"

A Xunta vai establecer no que resta do Nadal a prohibición de estar pola rúa entre as 3 e as 6 da madrugada, excepto para os desprazamentos individuais ou da mesma unidade familiar, o que denominan "toque de non queda".

Entrada en vigor

As medidas entrarán en vigor a noite do 30 ao 31 de decembro e durarán ata o 18 de xaneiro, coa excepción de Noitevella, cando a hostalería poderá pechar á 1 da madrugada pero non poderá volver abrir ata as dez da mañá do día 1. 

Presión hospitalaria

Sanidade quere evitar que o alto ritmo de contaxios derive nun aumento da presión hospitalaria, que podería afectar a capacidade operativa dos hospitais, como xa acontece nos centros de Atención Primaria e nas urxencias.

Para aliviar os centros de saúde trabállase para poder automatizar a comunicación dos positivos que se detectan por autotest nos domicilios, cando son casos asintomáticos.

Insisten en que a mellor ferramenta para frear esta nova vaga é a vacinación. Animan ese 6 por cento que segue sen vacinarse a que o faga canto antes.

 

Minuto a minuto

13:21

"A presión asistencial no ámbito hospitalario está contida, non así na atención primaria, e estamos preocupados, non alarmados, pero si en alerta", di Julio Comesaña

13:22

"Hai 28.334 casos activos, dos que 56 permanecen nas unidades de críticos, son catro máis ca o día anterior, 249 pacientes en hospitalización convencional, catro máis ca onte. Nas últimas horas hai 8 novos falecidos".

13: 23

"No tocante á incidencia, o día 1 de decembro era de 221 e hoxe 953, case multiplicada por cinco. Pasamos de 139 persoas ingresadas hai 14 días, a 249 persoas, e dos 30 ingresos nas UCI aos 56 de hoxe. En 28 días faleceron 211 persoas en Galicia".

13: 24

"A positividade roza o 15 por cento, nalgúns casos o 20 por cento. Estamos nunha nova fase da pandemia marcada pola entrada da variante ómicron"

13:25

"Os contaxios soben cada día, onte foron 3.468 e hoxe non sería raro que superasen os 4.000 casos"

13:25

"Nunca tivemos tantos contaxios nin tantos positivos, ómicron é máis contaxiosa, o sabemos por referencias e o vemos nos nosos contornos. Parece que si hai menos ingresos, pero é cedo para facer conclusións".

13:27

"O crecente número de casos poden levar ao sistema de saúde público a un risco que pode facer resentir a saúde pública colectiva, tanto na presión asistencial coma na capacidade operativa dos centros, prexudicando os pacientes covid ou non covid".

13:28

"Se non detemos o crecemento dos casos, os centros de saúde terán cada vez máis dificultades. Un dobre risco na atención asistencial no ámbito hospitalario e na atención primaria".

13:28

"Temos que simplificar o papel dos centros de saúde. Traballamos para que se comuniquen os casos positivos directamente sen contactar co médico de familia, sempre que non haxa sintomatoloxía, e automatizar toda a xestión das incapacidades temporais".

13:30

"A mellor ferramenta que temos é a vacina. Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de dúas doses, en vacinación infantil e tamén no reforzo. Xa se está citando os de 40 a 49 anos".

13:32

"Imos tomar medidas polo avance da ómicron, como están a facer outras comunidades autónomas e outros países europeos. A variante chega no peor momento posible, debido á interacción do Nadal".

13:32

"A entrada en vigor destas novas medidas será a noite do 30 ao 31 ata o 18 de xaneiro. As medidas son proporcionais para atallar a situación de positividade disparada pero nun contexto de récord de vacinación en Galicia".

13:33

"Temos que insistir no uso da máscara no interior, nos centros de traballo e nos locais de hostalería. Sempre posta e só pode quitarse para comer ou beber". 

13:34

"Peche da hostalería a partir das doce da noite, excepto os venres e sábados, que sería ampliado ata 1 da madrugada".

13:36

"Queda tamén limitado o horario do ocio nocturno con peche ás 2 da madrugada. E establecerase, previa petición ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 'toque de non queda' entre as 2 e as 6 da mañá, onde só poderán moverse persoas que vaian soas ou conviventes".

13:36

"A extension do certificado covid amplíase a todo o horario da hostalería, e non como ata agora nunhas determinadas franxas horarias"

13:37

"Prohíbese o consumo en barra, e tamén evitar os eventos musicais masivos, en todo caso con público sentado tanto en interior coma en exterior"

13:38

"No caso da Noitevella hai modificacións. O peche da restauración e hostalería será a 1 da madrugada ata as 10:00 da mañá do día seguinte. O peche de ocio nocturno está pendente de definir, temos esta mesma tarde unha xuntanza co sector"

13:40

"No tocante ás ceas ou comidas, insistir nas mesmas recomendacións de Noiteboa e Nadal respecto ás unidades familiares. Ámbito público recordamos que a limitación é de oito persoas por mesa no interior e dez no exterior". 

13:41

"Recomendamos tamén minimizar a exposición a aglomeracións nas cabalgatas de Reis, que preferiblemente, por seguridade, deberían facerse estáticas"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos