Publicador de contidos

Publicador de contidos

Confírmase a tendencia á alza na incidencia en España

Confírmase a tendencia á alza na incidencia en España

O ministerio comunica 3.093 novos casos

A taxa de incidencia continúa nos parámetros fixados pola OMS, que sitúan a propagación do virus como "controlada"

G24.gal 05/11/2021 17:49

As comunidades autónomas notificaron este venres ao Ministerio de Sanidade 3.093 novos casos de Covid-19, 1.877 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son superiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 2.261 positivos, o que evidencia a tendencia á alza na evolución da pandemia.

A cifra total de contaxios en España elévase a 5.025.639 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 53,77, fronte a 51,61 onte. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 25.516 positivos.  

No informe deste venres engadíronse 27 falecementos, en comparación con 46 o venres pasado. Ata 87.504 persoas con proba  diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 48 persoas con diagnóstico de COVID-19 positivo confirmado en España.  

Actualmente, hai 1.793 pacientes ingresados por COVID-19 en toda España (1.799 onte) e 386 en UCI (400 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 217 ingresos (225 onte) e 192 altas (210 onte). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 1,45 por cento (1,52% onte) e nas UCI no 4,23 por cento (4,37% onte).   

Mentres tanto, a taxa de positividade sitúase no 2,79 por cento, fronte ao 2,76 por cento de onte. A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que este dato se atope por baixo do 5 por cento para considerar como 'controlada' a propagación do virus.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar