Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado un veciño de Sarria a dous anos de cadea por corrupción de menores

Condenado un veciño de Sarria a dous anos de cadea por corrupción de menores

Recoñeceu recompilar e compartir a sabendas numerosos arquivos de contido pedófilo

Félix Aragunde 22/02/2023 12:11

Un veciño de Sarria foi condenado a dous anos de prisión por corrupción de menores. No xuízo celebrado na Audiencia Provincial de Lugo recoñeceu que descargara de maneira consciente material de contido pedófilo. 

No rexistro policial realizado no seu domicilio, os axentes da Brigada de Investigación Tecnolóxica comisaron dous ordenadores e tres discos duros que aloxaban un total de 22.000 arquivos recompilados polo autor dos feitos.

Ademais, comprobouse que non só almacenaba os vídeos, senón que tamén os compartía con outros usuarios. Neles, figuraban algúns de extrema dureza, posto que aparecían menores de curta idade sometidos a prácticas zoófilas.

Nun principio, a fiscalía pedía oito anos de cadea para o acusado, pero ao rebaixarlle a pena a dous anos, admitiu a comisión dos feitos e aceptou a condena. Tamén se lle impuxo un ano de liberdade vixiada e a participación en programas formativos de educación sexual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade