Cargando resultados...
Concerto especial da orquestra Terra Nova no auditorio Fuxan os Ventos de Lugo
O conxunto musical, baixo a dirección artística de Nicolás Ravelli, tamén celebra o terceiro aniversario
O concerto celebrouse este domingo ás sete da tarde
A Orquestra Terra Nova no concerto deste domingo en Lugo
G24.gal
21/12/2025 17:39
Última actualización 21/12/2025 20:47
A orquestra Terra Nova ofrecía esta tarde en Lugo un concerto de Nadal. A agrupación musical, que reivindica o papel da mocidade na vida cultural da cidade, actuaba no auditorio Fuxan os Ventos, cun repertorio de clásicos de Tchaikovsky e Rimsky-Korsakov.
Baixo a dirección artística de Nicolás Ravelli, a orquestra celebraba tamén o seu terceiro aniversario. Conta con 110 músicos de todas as comunidades de España, aínda que nesta ocasión estaban sobre o escenario uns 70 artistas.