Publicador de contidos

Publicador de contidos

Concello e hostaleiros de Cangas ven opcións de diálogo respecto da suba da taxa do lixo

Concello e hostaleiros de Cangas ven opcións de diálogo respecto da suba da taxa do lixo

O mércores é o día clave que é para cando está fixada a reunión entre a mancomunidade  e os representantes dos hostaleiros dos tres concellos

A suba da taxa do lixo prevista pola mancomunidade do Morrazo prevé recibos de ata mil euros para os hostaleiros

G24.gal 20/10/2025 15:52

No Morrazo seguen pendentes se vai adiante ou se alivia a suba da taxa do lixo que prevé recibos de máis de 1.000 para a hostalaría dos tres concellos: Cangas, Moaña e Bueu. 

O mércores é o día clave, reuniranse a mancomunidade que é quen xestiona o servizo e os representantes dos hostaleiros dos tres concellos.

Este luns reuníronse a alcaldesa de Cangas e mais os hostaleiros do concello. O encontro foi valorado de xeito positivo tanto polos hostaleiros como polo Concello, que din que si se abriron portas para o diálogo.

"Imos levar as cousas máis importantes en común para propoñer e despois a partir de aí ábrese o prazo de alegacións. Agardamos que se aproben esas alegacións e se abra o camiño do diálogo e da democracia que é o que ten que ser", di Gustavo Soliño Alfaya, presidente de ARECA Asociación de restaurantes de Cangas 22.

Durante a reunión a alcaldesa de Cangas defendeu que a mellora do servizo, na actualidade deficitario, pasa por trasladar o custo ao veciños. 

"Si que estamos dispostos a ver de que maneira se pode axustar o documento e as tarifas, iso si, ten que ser dentro dunhas marxes que permitan manter o equilibro económico",  sostén Araceli Gestido, alcaldesa de Moaña.

Os diferentes sectores e asociacións afectadas reuniranse este martes para preparar a próxima reunión comarcal coa mancomunidade na que de novo tratarán de mitigar o prezo dos recibos.

Unha vez que se publique a ordenanza, os afectados terán 30 días para presentar as alegacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade