Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comunicado do Sestao: "En ningún momento houbo cánticos racistas"

Comunicado do Sestao: "En ningún momento houbo cánticos racistas"

O club vasco mantén que na acta do partido, informes da Ertzaintza e imaxes de televisión non se reflicte nada nese sentido

G24.gal 03/04/2024 07:19

A declaración do porteiro do Majadahonda Sarr tivo resposta por parte do outro equipo implicado, o Sestao. O conxunto vasco da Primeira Federación quixo deixar claro o seu compromiso contra o racismo, a xenofobia e a intolerancia, pero considera que "en ningún momento houbo cánticos racistas cara a ningún dos protagonistas".

O Sestao asegura que nin na acta do partido, nin no informe da Ertzantza nin nas imaxes de televisión se reflicte nada nese sentido. O club acaba o comunicado: "Ao Sestao non lle tremerá o pulso á hora de tomar as decisións que sexan necesarias, pero ata ese momento reclamamos a presunción de inocencia e pedimos cordura para que non se levanten acusacións que non foron probadas pola xustiza". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos