Comisan en Tui un centenar de pares de zapatos ilegais procedentes da China
O calzado non contaba coa documentación que acreditase a súa procedencia lícita

A Garda Civil interviu en Tui un centenar de pares de zapatos de suposta procedencia ilícita desde A China. Nun comunicado, informa de que axentes do Destacamento Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Tui interceptaron recentemente un vehículo que transportaba no seu interior diversas caixas cun total de 100 pares de zapatos, os cales carecían de documentación que acredite a súa procedencia lícita.
Ante a ausencia de documentación de importación legal, os axentes levantaron acta por unha posible infracción á Lei 12/1995 de Represión do Contrabando, ademais de intervir a mercadoría.
O material incautado quedou precintado, baixo custodia do seu propietario, un veciño de Tui de 30 anos, con multitude de antecedentes policiais, e ao dispor do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais de Pontevedra.