Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan o directos de Luar na Lubre no Teatro de Ourense

Comezan o directos de Luar na Lubre no Teatro de Ourense

Xa teñen a axenda do 2022 con concertos en toda España, Francia e América

En mente xa teñen o que será o seu vixésimo disco

G24.gal 14/01/2022 21:24

O Teatro Principal de Ourense acolle un dobre concerto da xira de Luar na Lubre para este novo ano.

E toman máis relevancia os directos e o aval do público nuns tempos en que, di Bieito no ensaio previo ao primeiro concerto deste ano, a música apenas se vende.

O último disco á venda é 'Vieiras e vieiros, historias de peregrinos', temas que parten de lendas e tradicións dos camiños a Santiago.

Xa teñen a axenda do 2022 con concertos en toda España, Francia e América e en mente o que será o seu vixésimo disco. 

E é que Luar na Lubre con 36 anos xa de historia aínda ten moita música que ofrecer. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade